sábado, 14 de abril de 2018

A COMUNICACIÓN LABORAL

Os rapaces de 4º de ESO estiveron estes días a traballar o tema da "Comunicación Laboral", pois dentro de pouco tempo estarán en idade de traballar e para iso deben de contar coas mellores ferramentas posibles.
Unha desas ferramentas é a elaboración  dun "currículo" xa que o proceso de selección para un posto de traballo comeza coa valoración do mesmo e continúa, xeralmente, cunha entrevista persoal.
este currículo irá sempre acompañado dunha "carta de presentación", este documento ten como finalidade conseguir que os responsables da selección de persoal teñan en conta a candidatura desa persoa.
E por último chega o momento da entrevista de traballo, que, aínda que todas son diferentes, pódense ter unas pautas a seguir e saír airosos dela.
Pois ben, os alumnos de 4º ESO fixeron todo o descrito nos parágrafos anteriores, aprenderon moitas cousas e esperamos que lles sirvan de algo nun futuro próximo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario