sábado, 17 de febrero de 2018

CÓDIGO ADN:...ATCGCC....

Comezamos o trimestre cun proxecto interdisciplinar de Bioloxía e Química, adicado aos ácidos nucleicos.
Estudamos a súa composición química, estrutura e funcións.
En grupo cooperativo, traballamos para buscar esta información sobre estas moléculas e a súa importancia biolóxica.




Por que son as moléculas da vida? Que estrutura teñen? Como levan a información xenética?




Todas estas preguntas e algunha curiosidade máis foi resolta coas investigacións que fixeron os alumnos.

 




 O paso seguinte foi intentar ver a estrutura tridimensional desta moléculas, para iso fixemos diferentes maquetas de ADN e ARN, onde puideramos ver o que estudamos.
Saíron modelos moi variados, segundo a imaxinación de cada grupo.

Modelos de ARN                                                        



Vemos dous modelos diferentes





 Un modelo feito cunha impresora 3D




Un modelo máis artesanal, feito con plastilina







 Modelos de ADN


 

Un modelo moi doce, feitos con gominolas, e outro feito con plastilina.





  Incluso temos un modelo con motor integrado.


Seguindo co traballo, estudamos os organismos modificados xenéticamete. Puidemos ver que hai moita variedade: froitas, vexetais, animais, etc. Pero xogar con xenes, que vantaxes e desvantaxes ten? Poden supoñer algún risco para a saúde? Cada grupo adicouse a presentar un producto.

Salmón modificado xenéticamente con hormonas do crecemento. Podemos observar a diferenza de tamaño para dúas pezas do mesmo tempo.
 








Tomates, que poden variar a súa cor, ter ou non sementes, etc.
 


 Maíz, normalmente tratado para producir un insecticida que ataca ao verme barrenador e outros insectos, axudando así a controlar plagas.
 




Curioso, non? Pero de seguro con un extra de vitamina C.










Toda a información recollida foi presentada nun gran mural, onde cada grupo expuso a súa parte.



Rematamos cunha destreza de pensamento: a metáfora e diamante.

 







No hay comentarios:

Publicar un comentario