lunes, 20 de noviembre de 2017

A POESÍA DE VANGARDAS

Os alumnos de 4º ESO remataron un proxecto literario sobre as Vangardas Literarias en Galicia.
Despois de saber o que significaba "Vangarda", a repercusión que tivo nas letras europeas e centrarse máis de como se espallou por Galicia esta corrente, os rapaces puxeronse a crear as súas propias composicións totalmente vangardistas.
En primeiro lugar fixeron poemas imaxinistas, onde personificaban a natureza ao estilo de Luis Amado Carballo.
O segundo paso foi concebir poemas neotrobadorescos, nos que tiveron que botar man do aprendido o curso pasado cando deron as Cantigas, aquí houbo problemas cos leixapréns que solventaron cando colleron práctica.
E o último traballo foi facer poemas vangardistas plenos, estes foron os que máis lles gustaron, pois fixéronos ao modo máis surrealista posible : recortando palabras do xornal, misturándoas e creando o seu poema, tal e como facían algún escritores da época.
O resultado pódese ver no corredor do terceiro andar.


1 comentario:

  1. Tentaremos ver como se escorreron os miolos. Ten moi boa pinta. Bravo!!!.

    ResponderEliminar